La nueva promesa en literatura infantil: Sara Gómez
Felicitamos a Sara Gómez por haber logrado el primer premio en el XV Concurso ” día das letras galegas” organizado por la Asociación de vecinos Castrillón- Urbanización Soto IAR en A Coruña.
Participó con un pequeño cuento en donde se resalta la amistad y la solidaridad entre dos perros, Moro y Lúa. Os dejamos disfrutar de la lectura.
Feliz travesia.
O SOÑO DE MORO
Desde aquel día en que lle abriran a porta do coche e o botaran para o monte, na vida de Moro ocorreran moitas cousas, case todas malas, pero aí estaba loitando un día máis por sobrevivir. Aínda lembraba os choros daquel neno detrás dos cristais; xa pasara moito tempo. Canto xogaban ! Que sería del ?
Agora vivía nun pendello medio derruído entre ferranchos vellos, e estaba enfermo, xa que comía pouco. Tamén coxeaba dunha patiña debido a un atropelo. De cando en vez visitábao a cadela dunha casa próxima.
-Ola Moro, como estás hoxe? – dixo Lúa, que así se chamaba a cadela.
-Non moi ben, Lúa. Teño frío e os anos non pasan gratis – dixo Moro con moita tristeza.
-Aínda non se che curou a pata? Levas moito tempo así, deberías achegarte á casa do veterinario a ver se cha vendan – contestou Lúa.
-Xa sei que a pata non ten boa pinta, pero as miñas feridas están na alma. Esas si que doen! – dixo, case chorando, Moro.
-Dime como che podo axudar; que queres que faga para animarte? – contestou Lúa.
-Eu só quero sentirme querido, que alguén me aloumiñe algunha vez, e non mallen en min se me achego a algunha casa, – dixo apenado Moro.
-Pois hoxe vas vir comigo. Eu fágoche un sitio no meu cocho; alí pasaremos a noite e compartiremos a comida – propuxo a cadela.
-Grazas, boa amiga, pero os teus amos nunca o permitirán, – contestou Moro.
-Xa veremos. Eles non son malos; trátanme moi ben e eu defendereite se as cousas se complican – asegurou Lúa.
Despois de insistir un pouco máis, a cadela convenceu a Moro e metéronse no cocho. Moro comprobou que era moito máis cómodo que o seu. Aquela noite non durmiu polos nervios. Á mañá seguinte Lúa foi vixiar as vacas do seu amo e Moro acompañouna. Así pasaron varios días ata que Moro se sentiu tranquilo e cómodo. Os amos de Lúa tamén eran os seus amos pois dábanlle comida e non pedradas. Por fin comezaba a ser feliz.
FIN
Publicado por: Primerapersona || El día: 06/12/2012 || Comentarios: 0
Etiquetas: "día das letras galegas", Agenda de la lectura, buena literatura, Contos para sentir, editorial Primerapersona, galego, historia de amistad, infantil, lectura, libros, noticias, Sara Gómez



Sin Comentarios
De momento no hay comentarios.